Un aparatoso accidente na autoestrada do atlántico en Abegondo provocou cortes de tráfico a primeira hora desta mañá nesta vía en sentido Coruña. Sobre ás seis da mañá un camión empotrabase contra outro que estaba parado por unha avaría. Non houbo feridos de consideración // O Ministro de Fomento asegura que os trámites administrativos nos 18 quilómetros de entrada do AVE á cidade de Ourense figuran entre os atrancos que imposibilitarán a chegada do AVE da meseta a Galicia no 2018 // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o home acusado de asasinar a navalladas a Concepción Reguera en Pontesampaio hai máis dun ano. O acusado admitiu ter matado a que era a súa exparella. 12/12/16