Filipe VI ao volante dun vehículo eléctrico en Vigo, en compañía do presidente da Xunta. O monarca apoia así o lanzamento de modelos comerciais lixeiros do grupo automobilístico Stellantis. // O Certificado Covid será obligatorio para entrar nos Hospitais. Así o aproba a Xunta, ante o aumento dos contaxios, que hoxe rozan xa os mil. Ourense segue a ser a área máis afectada. // O colectivo Espazo Matrioska, formado por artistas de fora de Galicia, busca nova sede para seguir enchendo de vida o rural máis despoboado. Hai sete anos establecéranse nun edificio cedido polo concello ourensán dos Blancos, que agora tiveron que abandonar.// Fin de semana de festivais gastronómicos. Dende os magostos ós concursos de tapas, Picadillo no norte, Petisquiño no sur. Tamén chegan os concertos de Acustiquísimos a Galicia. A estrea corre a cargo da madrileña Travis Birds, que actúa esta noite no Pazo de Congresos. 12-11-2021