A Xustiza avala as medidas aprobadas pola Xunta para sustituir ao estado de Alarma. Os peches perimetrais, o toque de recollida en concellos de máximo risco e a limitación de xuntanzas entre a unha e a seis da madrugada, son, para o Tribunal Superior, normas idóneas e proporcionadas, ainda que insiste en que deben estar acotadas no tempo. // O presidente da Xunta felicitouse por esta decisión do tribunal superior. Feijóo amosouse optimista sobre evolución da pandemia e avanzou a posibilidade de que se poda retirar a máscar en espazos abertos a finais de Xullo. // Cinco piragüistas galegos buscarán estar nos Xogos Olímpicos de Tokio. Teñen que superar o preolímipico que se disputará hoxe e mañá en Hungría. Antía Jácome e Antía Otero competirán no C2 500. A tamén pontevedresa Carolina García terá que acabar entre as tres primeiras na eliminatoria de K2 500 para ir á final directa. 12-05-2021