Os casos activos repuntan lixeiramente no conxunto de Galicia, mentres desaparecen das residencias e centros de atención a discapacidade, gracias ao avance da vacinación. En Pontevedra, as farmacias colaboran nun cribado mediante kits de autorrecollida de saliva, co obxetivo de frear o avance dos contaxios nas familias // A Policía identifica a oito asistentes a unha festa ilegal organizada nun piso deste edificio no centro de Vigo. Os axentes chegaron a acudir catro veces ao lugar durante a noite para atender as queixas dos veciños polor ruidos. Os ocupantes negáronse a abrir a porta // Núñez Feijóo advirte contra a reforma do Estatuto, mentres BNG e PSdeG-PSOE, en cambio amósanse a favor, para facer fronte, din, aos novos retos sociais e non quedar atrás nos dereitos en relación as outras nacionalidades históricas. O Partido Popular lembra que o marco das reformas ten que ser a Constitución. 12-04-2021