Estabilizar o casco do "Santa Ana", afundido frontre á costa de Avilés, en Asturias. Ese é o obxectivo dos mergulladores que hoxe poden traballar en mellores condicións, gracias á melloría do tempo no mar. Equipos especiais da Garda Civil súmanse hoxe ás tarefas para poder entrar no barco, en busca dos 6 mariñeiros desaparecidos.A esta hora está previsto que unha representación da flota do cerco se entreviste co vicepresidente da Xunta. Queren que se renegocien as cotas de pesca en todo o Cantábrico. Unha reunión que conseguiron logo de que esta mañá volveran ao Parlamento. Onte protagonizaron un encerrro durante oito horas e unha batalla campal coa policía nos arredores do Pazo do Hórreo A Xunta vai aprobar este mes un codigo ético para regular o comportamento dos cargos públicos e loitar contra a corrupción. AGE e BNG pedíronlle hoxe a Núñez Feijóo que destitúa aos 7 concelleiros do PP de Santiago que terán que declarar en xuizo oral acusados de prevaricación. Feijóo reiteroulles