Unha delegación da Unión Europea está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. Esta mañá estiveron en Vigo e mañá analizarán o estado das rías de Ferrol e do Burgo, na Coruña. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados ás sesión plenarias. Todos os que hoxe estiveron no hemiciclo tiveron que asinar un documento aceptando as novas normas. // A industria láctea, a distribución e o ministerio de agricultura acordan a promoción do leite sostible. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietarios descoñecidos, que pertenencen ao Patrimonio do Estado. // Fernando Vázquez dirixe a primeira sesión de adestramento como novo técnico do Deportivo. 12/02/13