A solidariedade dos veciños do barrio compostelán de Angrois durante o descarrilamento do alvia o pasado mes de xullo recibiu hoxe un novo recoñecemento.Foi na cidade de San Fernando en Cádiz. Alí dous dos veciños recolleron a medalla que a cidade lles concedeu pola entrega coa que actuaron no socorro das vítimas. Ao acto acodiu o Presidente da Xunta.A marea vermella mantén pechados boa parte dos polígonos de mexillon e bancos marisqueiros. Nas últimas horas, puideron abrir á extracción 5 zonas das rias de Arousa e Vigo. Un episodio tóxico intenso e repentino que mantén preocupados a bateeiros, mariscadores e sector comercializador.Empresarios do metal exploran en Vigo as posibilidades de negocio que ofrecen os parques eólicos mariños. Unhas instalacións que en España están paralizadas pero que se están desenvolvendo moito noutros países europeos. Agardase que xeneren un negocio de 150 mil millóns de euros, nos próximos anos. (11/10/13)