Un xulgado investiga o roubo, no edificio xudicial de Santiago, dunha caixa forte con documentación xudicial ...da que o contido ainda está sen determinar.  Tamén se notou que alguén remexera en documentación...  relacionada cun dos procesos  que lle afectan ao presunto ladrón do Códice Calixtino da Catedral compostelá.  Satisfacción da Xunta polo balance turístico do verán,de mais do  70% de ocupación hostaleira,  4 puntos mais có  ano pasado. Para Alberto Núñez Feijoo, a mellora do sector é un dos piares da actual recuperaciÓn econÓmica.   Mes excepcional  de cruceiros no Porto de Vigo. Hoxe é  a segunda xornada consecutiva de arribada masiva de cruceiristas.  Atracaron tres grandes barcos turísticos, despois de que onte o fixeran outros tres. (11/09/14)