Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. // Mar de vento e mar de fondo, con ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo, que hoxe pasou a ser propiedade da navieira francesa que o encargou. Confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo. // Fernando Vázquez será o novo adestrador do deportivo tras a demisión de Domingos Paciencia. // Luns de Entroido en Laza. 11/02/13