Ourense ten desde hoxe novo alcalde. O socialista Agustín Fernández, inspector de facenda de 51 anos, foi elixido cos votos do PSOE e do BNG. Substitúe a Francisco Rodríguez, que dimitiu tras ser imputado na Operación Pokemon. // Campaña: Núñez Feijóo advirte contra a posibilidade de poñer o goberno nas mans de políticos que deixan as facturas a deber. Os candidatos seguen pendentes dos debates. // Día Mundial da Saúde Mental: En Galicia, máis de 40.000 persoas sofren unha enfermidade mental grave, e unha de cada catro vai padecer un trastorno deste tipo ao longo da súa vida. // Bos libros para alimentar a imaxinación dos nenos. Isto é o que publica Kalandraka, e polo que lle acaban de conceder o premio nacional á mellor labor editorial. // San Froián: Milleiros de persoas gozan cada día das barracas, do polbo e da música. 10/10/12