O Sergas adianta a segunda dose da vacina aos adolescentes para que non coincida co inicio das clases en secundaria, o próximo mércores. Xa está citando aos menores para dous días antes do previsto. // A audiencia provincial da Coruña ratificou a condena a dous anos e medio de cárcere a un mozo por ameazar a outro con revelar a súa orientación sexual. A vítima acabou suicidándose. // E unha realidade que cobra cada ano máis de 300 vida en Galicia,. No día Mundial de prevención do suicidio, Galicia segue a cabeza de España no índice de mortes por esta causa. Os especialistas detectan un aumento de consultas de xente moza. Hai en marcha seis unidades de atención especialiadas nas áreas sanitarias. // O Exercito volve elixir a costa galega para preparar o grupo de militares que vai viaxar á Antártida, para dar apoio loxístico ós científicos que traballan temporalmente nese continente xeado. 10-09-2021