Santiago e Ourense saen do nivel alto de restricións e pasan á categoria media, na xa non será necesario o certificado covid para a hostalaría. O Comité Clínico deixa tan só o concello do Grove. O Conselleiro de Sanidade advirte de que é necesaria a máxima precaución de cara á fin de semana que vén, a máis festeira do ano.. //. // Na comparecencia posterior, o Conselleiro de Sanidade lembrou a necesidade de que as 15.000 mulleres embarazadas que hai en Galicia se vacinen contra a covid. // Peculiar protesta dos veciños do concello coruñés de Monfero, contra o proxecto dun Parque Eólico na zona. Unha romaría e unha misa, coa que, din, queren recorrer á axuda divina, xa que as manifestacións doutro tipo non serviron ata agora para alonxar esa amenaza eólica. O crego da parroquia de Xestoso foi o encargado de oficiar a cerimonia relixiosa, na que invocou a axuda a San Lourenzo, o patrón do vento. 10-08-2021