O Tribunal Superior de Xustiza estuda a prohibición de xuntanse non conviventes nos domicilios a partir da unha da mañá e as outras medidas aprobadas pola Xunta tralo Estado de Alarma. // O Tribunal Supremo da a razón á Xunta sobre a reclamación do IVE de decembro de 2017. Condena a Administración Xeral do Estado a compensar a Galicia polo desfase producido ao non liquidar a recadación dese período, tras un cambio no sistema contable, e que a Xunta estima en 204 millóns de Euros. // Xuízo esta mañá na Audiencia Provincial de Lugo a este home de 82 anos de idade acusado dun delito de solicitude de relación sexual a unha menor de 16 anos. // A Portavo do BNG, Ana Pontón, reúnese cos tres reitores das universidades galegas, cos que coicide en cuestionar a legalidade do proxecto de universidade privada, promovida pola fundación de Abanca, 10-05-2021