O Parlamento galego aproba a creación da Área Metropolitana de Vigo co único apoio do Partido Popular. A oposición rexeita a lei que a pon en marcha por considerar que o PP pretende con ela gobernar desde fóra o concello vigués. // A Xunta considera rápida e eficiente a actuación para apagar o incendio que queimou unhas 750 hectáreas do parque natural das Fragas do Eume a semana pasada. // O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, admite a súa débeda con Facenda, pero nega "rotundamente" que teña cometido un delito de fraude e asegura que non vai dimitir. // Novas declaracións xudiciais na Operación Campeón. O socio de Jorge Dorribo en varias empresas asegura que non presenciou pagos de comisións ilegais. // Un estudo de CC.OO. indica que case a metade dos dependentes recoñecidos en Galicia non recibe ningunha prestación. 10/04/12