O Secretario Xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo, mantén o pulso coa dirección estatal da formación, e di que seguirá á fronte da organizacion Galega, pese á decisión da cúpula de nomear un equipo técnico para dirixir o partido. Unha crise desatada debido ás diferenzas sobre se Podemos debe presentarse ás autonómicas galegas só ou formamdo parte de en Marea // Os técnicos avalían os danos no edificio de Vigo onde onte morría un home por unha explosión de gas no seu piso. Outro home segue hospitalizado a causa do sinistro que deixou moi danados os pisos superiores. 46 veciños teñen que vivir nun hotel // O Celta mentalízase para o difícil reto de remontar o catro a cero contra o Sevilla no partido de ida das semifinais da Copa do Rei. 10/02/16