Unha muller 68 anos, que vivía soa, morreu esta mañá ao incendiarse o seu piso, nun edificio en pleno centro de Vilagarcía. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera improvisada a intención de Esperanza Aguirre de baixar o tramo autonómico do IRPF en Madrid. // A multinacional Alcoa reduce a produción e os empregos na Coruña. // Os galegos aceptamos mellor que o conxunto dos españois aos inmigrantes, que, a pesar da crise, apenas reducen a súa presenza en Galicia. // Abre ao público en Santiago unha exposición que permite pasear virtualmente pola Compostela do tempo no que se consagrou a Catedral, no século XIII. (10/01/12)