Música, actividades populares e ofrenda ao Santo. Así se celebra en Ourense o San Martiño a principal festa da cidade, e tamén de moitos outros puntos de Galicia, acompañada, polo tempo seco e soleado, idóneo para desfrutar os tradicionais magostos. // Os gandeiros volven facer sentir ás suas reivindicacións,nunha acción conxunta con asociacións de outras comunidades, fronte a industrias lácteas. // Os casos activos en Galicia superan xa os 900. Con 104 novos contaxios detectados, ainda que boa parte son asintomáticos. A taxa de incidencia segue a ser a metade da media do conxunto de España. // Robots de ciencia ficción que se converten en protagonistas do quirófano. É a tecnoloxía máis punteira no terreo da cirurxía, sobre a que a que se forman os 1.300 profesionais que celebran estes días na Coruña a sua reunión anual. 11-11-2021