O Consello da xunta aprobou a incorporación de 775 novos dependentes ao sistema de libranzas que permite que sexan antendidos durante algún tempo por coidadores profesionais. Tamén destinou algo máis de seis milóns de euros á compra de maquinaria e disposición de instalacións para cooperativas e outras agrupaciòns de productores agrogandeiros // O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, reitérase no seu apoio á Presidenta Andaluza, Susana Díaz, para liderar o PSOE. Díxoo no programa "Los desayunos" de Televisión Española onde tamén sinalou ao empeño do partido socialista en competir con Podemos, baixo a dirección de Pedro Sánchez, coma unha das causas da crise da formación // Restablecido o suministro eléctrico e de auga aos veciños de Pontevedra afectados por un incendio provocado polo lixo amoreado por un indixente debaixo dunha ponte na rúa rosalía de castro. 09/12/16