Avogados, procuradores e traballadores da xustiza saen á rúa para protestar contra o proxecto de lei de taxas xudiciais do Goberno central. Din que supón un atentando contra dereito á tutela xudicial que recolle a Constitución. // A Xunta garante a continuidade da campaña de vacinación contra a gripe en Galicia, a pesar da inmobilización de parte das vacinas que se estaban empregando. // Directores consagrados como Bertolucci, Haneke, os irmáns Taviani ou Kiarostami, presentan a partir de esta noite as súas últimas producións en Cineuropa. // Lendoiro, o presidente do Deportivo pide un prazo, tres meses, para negociar cos seus acredores tentando evitar que se lle aplique a lei concursal ao Club. // Previas do Depor e o Celta. // Escoitamos o novo son do restaurado órgano da catedral de Ourense. 09/11/12