O Presidente da Xunta  situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa, se quere garantir o seu futuro.Pediu que as políticas de loita contra ese problema teñan maior peso no reparto de fondos comunitarios // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso,... mañá. Nalgúns colexios dan os últimos retoques,mentres, nos parques, disfrutan das horas ao ar libre, previas á volta á rutina do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onda chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. A volta chega no momento máis emocionante, logo do visto onte en Asturias, onde Contador avantaxou claramente aos seus competidores, gañando con autoridade a etapa. 09/09/14