Comezou a venda dos activos de NovaGalicia Banco. O fondo de investimentos estadonidense, Apollo acaba de facerse con EVO Banco por 60 millóns de euros e anuncia que manterá rede de oficinas e emprego. Evo, creado pola entidade galega para operar fóra da comunidade e para ofrecer novos productos bancarios, conta con 80 oficinas repartidas por toda España, con 600 empregados e unha carteira de 250 mil clientes // Novagalicia banco devolve a partir de hoxe a noventa mil clientes, 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas chan das hipotecas. Recibirán de media 433 euros. Celébrase en Vigo a conferencia mundial do atún. Os conserveiros aproveitan a ocasión para amosar a súa preocupación pola política comercial da Unión Europea, que permite a entrada sen aranceis de conservas deste peixe procedentes de terceiros países. 09/09/13