Traballadores de Alcoa cortan con barricadas o acceso á Factoría de San Cibrao, antes dun novo encontro dos representantes sindicais coa Dirección da Empresa. En Vigo, persoal dos estaleiros marcha en demanda de seguridade laboral, tralo accidente que custou a vida a un traballador.  //As residencias de maiores que levan máis dun mes sen rexistrar casos de COVID-19 comezan a permitir visitas de ata dous familiares.  O encontro cos internos é sometido a controis e medidas estrictas de seguridade para evitar o contacto físico.  //Un total de 107 praias e 12 portos conseguen este ano a Bandeira Azul en Galicia, que se mantén como a segunda comunidade de España con máis distintivos, por detrás da Comunidade Valenciana. Sanxenxo volve ser o concello español con máis praias recoñecidas, nun verán marcado polas medidas sanitarias e o distanciamento social. (09/06/20)