Os arredores da localidade pontevedresa de Tui é unha das zonas onde se está a buscar a dous perigosos delincuentes que fuxiron dende Portugal, logo de secuestrar a un médico do país veciño ao que tamén lle roubaron o coche. Os fuxidos estaban a ser buscados polas forzas da orde de España e Portugal, logo de varios atracos a gasolineiras // Un home e unha muller de 70 anos faleceron, na Coruña, víctimas dun atropelo ocorrido nunha das estradas de entrada á cidade. O atropelo produciuse por culpa da saída de vía dun turismo que previamente chocara con outros coches // En Pontevedra, a xuiza retomou esta mañá os interrogatorios sobre o caso Sonia Iglesias, a muller desaparecida hai xa mais de tres anos // Na primeira división o Celta recibe mañá en Balaídos o Rayo Vallecano coa intención de conseguir a primeira victoria na casa. Na Segunda, o Lugo, que segue de segundo, enfróntase mañá no Anxo Carro ó Murcia. E o Depor que é terceiro, visita o domingo ó líder, o Recreativo de Huelva. 0