É o novo método que se está a usar estes días nos montes galegos para evitar que a cinza dos incendios escape do terreo e cause danos. Consiste en botar palla dende helicópteros nas zonas onde non se pode chegar a pé ou con vehículos terrestres. As oficinas municipais de Beade tiveron que trasladarse ás instalacións da Mancomunidade do Ribeiro, debido aos destrozos que causou o atentado sofrido na mañanciña de onte. O Delegado do Goberno asegura que todas as pistas conducen a que o ataque terrorista foi obra de Resistencia GalegaPórtico, o grupo vigués de empresas do sector do moble e a decoración, presentou un Expediente de Regulación de emprego para máis de douscentos dos seus traballadores. Arrastra unha débeda de corenta e cinco millóns de euros e a caída de ventas obrigouno a pechar tendas de decoración da filial adicada a nenos e a de complementosGalicia vai destinar os fondos que veñan de Europa ata o 2020 a sanidade, acuicultura, tecnoloxía ou a innovación das empres