Unhas 490 mil mulleres traballan fóra da casa en Galicia. Unha cifra que se lembra hoxe ao celebrarse o día da muller traballadora co foco posto nas diferenzas salariais entre homes e mulleres ou na escasa representación feminina en postos directivos. Tamén na necesidade de erradicar o machismo e a violencia que conleva // Nuns días coñecerase se un recén nado no Hospital de Santiago resultou infectado polo virus Zika, que nalgúns casos pode provocar malformacións. O bebe que naceu prematuramente por outras circunstancias continua hospitalizado. A nai xa recibiu a alta médica // Dúas persoas resultaron feridas, unha delas grave, despois de que un coche se empotrara a gran velocidade contra o surtidor dunha gasolineira nas aforas de Santiago. O ferido grave é un dos empregados do establecemento que foi desprazado dez metros polo coche no que viaxaban cinco persoas das que unha tamén quedou mancada. 08/03/16