Primeira xornada no novo concello coruñes de Oza-Cesuras logo da fusión oficial dos dous municipios. A capital do novo concello, de máis de 5 mil habitantes vai estar en Oza, ainda que van seguir en funcionamento tamén as instalacións de Cesuras // Varios milleiros de persoas manifestaronse en Lugo para pedir que o novo hospital teña servizos de hemodinámica para doenzas do corazon,asi como de radioterapia e de medicina nuclear. A sua falta obriga os pacientes a desprazarse a outras ciudades.o estadio do Club deportivo Lugo vai acoller mañá un cheo historico para o partido contra a Ponferradina da Segunda División, no chamado derbi dos Ancares, e para o que se tivo que instalar unha grade supletoria. O Lugo non se xoga nada, pero si o conxunto do Bierzo que loita por entrar na fase de ascenso a primeira, e ao que acompañarán dous mil afeccionados. 07/06/13