O SERGAS denunciou ante o fiscal encargado da seguridade vial a situación do tráfico no recinto do novo hospital ante a acumulación de denuncias sobre problemas no aparcamento exterior ante o que o Servizo Galego de Saúde califica de "inacción" da Policía Local // A xunta autoriza destinar 66 millons de euros para a conciliacion familiar e laboral, con 1.800 prazas mais de garderias publicas, axudas para coidado no fogar de menores de 13 anos e escolas infantis en poligonos industriais // As redes sociais serviron para descubrir que un home vigués, de 51 anos, morrera en soidade, na sua casa rodeado do lixo que acumulaba dende había anos. Foi unha muller canaria coa que mantiña amistade a través de facebook e whatsap a que chamou á policía local, alertada porque levaba seis dias sen conectarse nin contestarlle ao teléfono. 07/04/16