Escenas de ledicia e de cariño familiar, na casa de Becerreá en Lugo onde descansa xa Teresa Romero, a primeira persoa infectada de ébola, fóra de África. Teresa dixo hoxe que xa  puido comer o caldo e a empanada que lle preparou súa nai.    A Xunta destina 4 millóns de euros a un programa para reter a investigadores galegos.  Ofreceralles contratos estables de 5 anos de duración.  En Consello tamén aprobou unha estratexia para a integración social da poboación xitana, con  90 medidas entre as que destaca mellorar a educación dos nenos deste colectivo   O Deportivo sae hoxe  para Andalucía onde mañá se enfrontará ao Córdoba. Un partido de moita tensión no que os coruñeses tratarán de saír da perigosa situación na que se atopan.  E no Celta, Augusto  volve estar a disposición do adestrador, despois de máis dun mes de baixa (06/11/14)