30 mil persoas acudiron a Vigo á feira dos conxelados que pecha hoxe. Os hoteis, completos // A Xunta revisará as concesions de transporte público para darlle máis servizos ao medio rural e para que as liñas poidan atender a usuarios baixo demanda de chamada telefónica // Fernández Leiceaga asumirá a portavocía do grupo socialista no parlamento galego, que esta tarde se reúne por vez primeira tras os malos resultados do 25S // Mes e medio despois da desaparición de Diana Quer, a investigación céntrase na información que ofrece o seu teléfono móbil na súa nube e nos postes que rexistraron o sinal // 200 profesionais da hostalaría e do turismo recibirán clases de formación para que os directivos melloren a xestión dos seus establecementos // Traballadores públicos reciben cursos de autodefensa para saber como afrontar as agresións nas consultas médicas e nos lugares de atención ao público. 06/10/16