O Xulgado de Ponteareas centra a  atención das investigacións sobre o  dobre crime perpetrado na localidade pontevedresa de Arbo,  onde os membros dunha parella foron atopados mortos no interior dun  coche.O xuíz tómalle declaración ao único detido, o exnoivo da muller asasinada. Mentres,  analizan as escopetas de caza da súa propiedade, tratando de localizar a arma dos crimes.    Abanca vaille ceder á Xunta  ata 100 vivendas  baleiras para que o goberno galego llelas asigne... a  familias... que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer.Os que as reciban pagarán un máximo de 125 euros ao mes, ou non pagarán nada, dependendo da renda familiar.   A declaración pola  Unesco como patrimonio da humanidade de dúas novas rutas de peregrinación a Santiago,beneficiará a 25 concellos galegos. Son o camiño do Norte, que entra en Galicia por Ribadeo, e o Primitivo, que chega pola Fonsagrada.  Esta distinción inclúe tamén as catedrais de Lugo e Mondoñedo, así  como  o mosteiro de Sobrado dos  Monxes