Consternación en Curtis pola morte dunha veciña, desangrada ao ser alcanzada por unha coitela da máquina coa que o seu fillo segaba herba, que ela ía apañando // En Lugo volveu declarar no xulgado o mozo senegalés acusado do asasinato de Tatiana Vázquez que aparecera morta no seu coche con máis de cincuenta coiteladas // Núñez Feijóo propón crear unha fronte común das comunidades máis avellantadas para pedirlle ao goberno un fondo de cohesión demográfica, que favoreza ás autonomías que fomenten a natalidade // Nas estradas, campaña especial da Garda Civil para control de drogas e alcol. No que levamos de ano, morreron 38 persoas, seis máis que hai un ano // A Audiencia de Madrid revisa a única condena imposta a un menor de idade pola morte de Jimmy, o siareiro do Deportivo guindado ao río Manzanares en novembro de 2014. 06/06/16