Textos xornalísticos para comezar tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Quince barcos de Burela e algún doutros portos ultiman os preparativos para comezar a costeira do bonito. // Once granxas da cooperativa Feiraco reciben a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos, unha porcentaxe á que chegará o conxunto de España en 2050. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes grazas a xenerosidade de 90 doantes. (06/06/12)