A Xunta considera que toda Galicia debería pasar o próximo luns á Fase 1 da desescalada do confinamento. Así llo solicita ao Goberno central, ao considerar que se cumplen os requisitos hospitalarios en caso de repunte da pandemia // As urxencias dos hospitais comenzan a notar os efectos da relaxación do confinamento. A afluencia de pacientes duplícase respecto ao das anteriores semanas. Moitos son enfermos comúns que non acudiran antes por temor ao contaxio // División por sectores, corredores con separación de entrada e saída para bañistas e aforo reducido á metade. É o aspecto da praia de Silgar, según o proxecto presentado polo concello de Sanxenxo, para garantir a seguridade dos usuarios este verán. 06/05/20