Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. Busca aumentar o numero de visitantes estranxeiros. Alberto Núñez Feijoo anunciou que a Xunta acaba de colocar 500 millóns de euros a xuro do 1,89%, o mais baixo da serie historica, o que para Nuñez Feijoo constata a "solvencia" de Galicia. 06/02/14