Expertos de 56 países estudan en Vigo como frear o quecemento global. Forman parte do Grupo Intergubernamental sobre cambio climático da ONU, un organismo distinguido co premio Nóbel da Paz polo seu último informe. // O paro subiu en Galicia en outubro un 3,2%, con case 8.500 persoas máis que en setembro inscritas nas oficinas de emprego. // Os gandeiros ameazan con deixar de entregar leite ás industrias para desabastecer o mercado, en protesta polos prezos que están a recibir, por debaixo do custe de produción. // Un xardín para os sentidos. A Unión Europea distingue cunha mención especial a adaptación de parte dos xardíns do pazo de Castrelos, en Vigo, para que os poidan gozar as persoas cegas. // O Deportivo sae dos postos de descenso despois de derrotar ao Real Mallorca en Riazor cun gol de Bruno Gama. O Celta espera conseguir a primeira vitoria a domicilio en Vallecas despois de caer coa cabeza alta no Camp Nou. (05/11/12)