Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Este ano houbo prazas novas// Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira. Declara de interés público a planta de procesado de peixe de Puerto Deseado, na Patagonia, e sete buques conxeladores.// O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. O do BNG cree que Galicia debe optar entre ter goberno ou non telo e o portavoz do PP asegura que o goberno terá que salvar as pensións da crise causada polos socialistas// Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. // Nos últimos tempos, están experimentando un aumento considerable na demanda de prazas para aprender idiomas. 0