Institucións Penitenciarias alega motivos de seguridade para non informar sobre o traslado do presunto parricida de Moraña a outro cárcere. As ameazas que recibiu no da Lama por parte doutros presos fixeron que se considerase o seu traslado // Partidas de económicas de impulso á transformación industrial do leite e a posible retirada de produto do mercado, para impulsar o aumento dos prezos son dúas das medidas estudadas na reunión entre representantes do sector lácteo e a Xunta. Unha xuntanza presidida polo titular do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo // As mareas vivas están sendo hoxe menos intensas que as de onte, cando obrigaron a desaloxar as praias urbás da Coruña. 05/08/15