A folga na recollida de lixo na Coruña cumpre oito días.Nalgunhas rúas da cidade xa se comeza a acumular lixo a carón dos colectores. O pleno do concello de Vigo declara, por unanimidade, persoa non grata ao comisario europeo da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, e pide a súa dimisión urxente. O pleno asegura que obrigación de devolver parte das bonificacións fiscais no sector naval pon en perigo o futuro dos estaleiros. O Instituto Galego de Consumo atende ata o xoves os últimos 1.500 casos de arbitraxe pola venda de preferentes e subordinadas que foron aceptados por Novagalicia Banco. Según a entidade, son 37.600 os clientes que recuperaron o cen por cen dos seus aforros por esta vía, que deu xa por pechada.O Ministerio de Fomento reforza a seguridade ferroviaria no tramo do accidente de Santiago instalando carteis que limitan a velocidade e balizas que frearían os trens no caso de que os maquinistas non as respectasen. Comnstituída en Madrid a comisión de expertos que va