Os espazos de ocio, AUDITORIOS, e pabillóns deportivos estudan cómo abrirán, con restriccións, a partir do luns, co pase de Galicia á fase 3 da desescalada. Poderá haber reunións de ata 20 persoas. A Xunta establecerá as normas da reapertura e permitirá a mobilidade entre provincias // A Xunta aproba un plan de reactivación económica para afrontar os efectos da crise provocada pola COVID-19 que suporá un investimento de 3.000 millóns de euros. As axudas centraranse no turismo, o comercio, a hostelería e a automoción como sectores máis afectados. O plan contempla tamén microcréditos para axudar a afrontar gastos extraordinarios a autónomos e pequenas e medianas empresas // Comerciantes, empresarios e organizacións sociais mobilízanse na comarca da Mariña contra o peche anunciado por Alcoa. Destacan a sua dependencia económica da FActoría de San Cibrao, que xenera uns 2.000 empregos directos na zona e supón o 30 por cento de todo o PIB da provincia de Lugo. 05/06/20