Os traballadores de Pescanova reciben hoxe información sobre a situación na que queda a compañía despois de que o Consello de Administración solicitara un concurso de acredores. Contratará un auditor forense para determinar por qué a débeda da compañía se disparou // Os empresarios galegos organizan un foro para buscar negocios en México. Consideran que este pais norteamericano de economía emerxente resulta estratéxico para atopar mercados // O pais azteca busca, á súa vez, en Galicia tecnoloxía e innovación. A cambio ofrece un mercado de máis de cen millóns de habitantes // O Deportivo disputa mañá en Riazor contra o Zaragoza a posibilidade de deixar de ser colista e quedar a un punto da permanencia en Primeira. Pola súa banda, o Celta xoga o domingo contra o Rayo Vallecano, o domingo, en Balaídos, en busca de fuxir dos postos perigosos da táboa. 05/04/13