A Xunta e a multinacional farmacéutica Roche amplían tres anos máis a súa colaboración para investigar os cancros de mama e próstata // O Ministerio de Fomento presenta a súa proposta para a estación intermodal de Lugo // Fran Escribá xa está á fronte do Celta. Este foi o primeiro adestramento co equipo de Vigo, co que ten o desafío de manterse en Primeira // Un empate máis do Deportivo. Tres seguidos, tras o de onte en Riazor contra o Alcorcón // 90 debuxos dos grandes pintores holandeses e flamencos mónstranse na Fundación Barrié na Coruña // Martes de entroido cos xenerais do Ulla, en Touro, os Troteiros, percorrendo as rúas de Bande e as Madamas e Galáns en Vilaboa. 05/03/19