Día de reconto de danos, de investigación na zona pontevedresa dos Praceres, logo do grave incendio que afectou de noite ás instalacións próximas a unha gasolineira. A Estación de servizo non chegou a verse afectada pero a parte traseira, o taller e almacén, quedou calcinado polas lapas, igual que varios coches e un camión, alí aparcados // A policía detivo, nun poboado de Culleredo, na Coruña, a dous homes e dúas mulleres coma presuntos autores do secuestro de persoas indixentes ás que sometían a malos tratos. Tamén quedaban coas pensións.Os axentes localizaron a seis persoas vítimas desa situación // A xunta convoca a oferta publica de emprego para a administración autonómica e educación; 819 prazas, a maior convocatoria dende o ano 2008. Parte delas serán para reforzar o control da fraude fiscal. Para mestres convócanse 446 prazas. 05/03/15