O reconto do paro déixanos en Galicia datos positivos, no que se refire ao cómputo anual , pero negativos para decembro. Os servizos de urxencias están a atender en torno a un 40% máis de pacientes estes días polo andazo de gripe que afecta sobre todo aos anciáns con patoloxías crónicas. Un veciño de Oleiros, na Coruña poderá recibir do banco o importe de todos os xuros que lle cobrou de máis en base a unha cláusula chan que asinara cando formalizou a hipoteca. (04/01/17)