O paro baixou en Galicia en algo máis de 3.500 persoas o mes de agosto. Uns datos que coverten á nosa na terceira comunidade con mellor comportamento do mercado laboral, segun as cifras feitas públicas hoxe polo ministerio de Emprego // O Pleno do parlamento do martes que vén vai debater a creación dunha comisión de investigación sobre as circunstancias do descarrilamento do tren alvia en Angróis, o pasado 24 de xullo // A Garda Civil investiga as circunstancias da morte da muller de 46 anos que foi atopada morta, nun monte a medio quilómetro da súa casa da que faltaba dende o domingo. A zona onde apareceu era pola que acostumaba a pasear. 03/09/13