O Parlamento Galego foi hoxe escenario dunha sesión moi especial con motivo do Día Internacional contra o Traballo Infantil. Unha práctica que mantén un dramático protagonismo noutros países. Aínda quedan 168 millóns de nenos traballando no mundo e con actos coma este preténdese que evitemos, como consumidores, mercar calquer producto elaborado con traballo infantil. As forzas de seguridade reforzaron a vixilancia no entorno dos colexios de Lugo tras denunciar dúas familias o suposto acoso de descoñecidos a nenas que estudan neses centros de ensino. A Subdelegación do Goberno considéraos dous casos aillados pero que causaron preocupacion entre os pais. Un xulgado de Pontevedra outórgalle unha pensión de viuvedade a unha muller, divorciada do home falecido e que non cobraba pensión compensatoria, en vida do finado. Unha sentenza novidosa que aínda pode ser recorrida pero que senta un precedente xa que, ata agora, a seguridade social víña denegando estas pensións, cando non existía pensi