Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar, a reunión empresarial anual que maior volume de negocio xera en Galicia. Empresas e institucións de China, 500 expositores de más de trinta países veñen aquí a vender e a comprar produtos da pesca e a acuicultura. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. Un incremento do 0'8, debido sobre todo o remate da temporada de verán no sector servizos. // Dez anos despois da marea negra do Prestige hoxe entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe vai ser este ano en Galicia entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12