Galicia foi a comunidade autonóma onde máis baixou o paro no pasado mes de agosto con 2412 desempregados menos. 20 mil menos ca hai un ano. O descenso do desemprego foi aquí do 1 con 23 por cento, en contraste coa media de España onde o paro aumentou lixeiramente // Por segundo día consecutivo, un grupo de voluntarios colaboraron hoxe, na Pobra do Caramiñal, nos labores de rastrexo, tratando de localizar algún indicio da presenza de Diana Quer, a Moza de 18 anos da que nada se volveu saber dende principios da semana pasada // O xuiz que instrue a investigación polo accidente do tren Alvia en Angrois pídelles a tres peritos xudiciais que fagan un novo informe conxunto sobre o risco na curva de Angrois para o que lles da un prazo de tres meses. 02/09/16