Dous xulgados traballan dende hoxe en Vigo e na Coruña, exclusivamente para tramitar as demandas dos afectados por preferentes e subordinadas dos bancos e caixas. Son atendidos por dous xuíces, nomeados para este cometido e por un secretario e seis funcionarios cada un. Os socialistas piden que, no novo periodo de sesións, o Presidente da Xunta compareza no Parlamento para explicar os indicios de presunto finanzamento irregular do seu partido, coñecidos a raíz do caso Bárcenas. O portavoz do PP rexeita esa comparecencia que considera inoportuna por estar o asunto está baixo segredo sumarial.O Celta está satisfeito polo xogo amosado pero tén pendentes mellores resultados, logo do segundo empate, logrado na casa fronte ao Granada. E, en Segunda, victorias claras e contundentes do Deportivo e do Lugo . O Depor venceu ao Sabadell por tres a cero, mentres que os da cidade da muralla conseguiron a sua primeira vitoria, pero por goleada, cun 4 a 2 , fronte ao Jaén. (02/09/13)