As listas do desemprego diminúen en Galicia. No pasado mes de xuño estiveron apuntados nelas case 8.000 persoas menos que no anterior, de maio. Supón un descenso do 3,34%. Unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde tamén diminuíu o desemprego pero, nun 2,21%. Con estes novos datos, agora mesmo hai en Galicia 229 mil parados // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles. Alomenos haberá 120 en estradas convencionais, 30 por provincia.Ubicaranse nos treitos onde se producen máis accidentes. Ademais seguirán operativos 60 radares fixos // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. Buscará crear emprego,unha economía do coñecemento e da sostibilidade. 02/07/15