Espectación, pero tamén moita prudencia, ante a próxima autorización de reabrir os pubs e discotecas, con limitacións, nas comunidades con baixa incidencia, como Galicia. Aquí Haberá unha proba piloto a próxima semana.. // A Xunta pide protocolos comúns para toda España neste asunto do ocio nocturno e tamén para tomar decicións respecto a poder ir sen máscara en lugares abertos, coma as praias. Agarda que poida ser no mes de xullo, dada a cantidade de praias e lugares abertos, coma as aldeas, que hai na nosa comunidade. // O sector lácteo galego protesta ante o aumento dos costes de produción nas explotacións lácteas, como son a alimentación do gando, a luz e os salarios, o que fai que o litro de leite en Galicia sexa dous céntimos máis caro que hai dous meses. 02-06-2021